A través de Flickr:
a miña primeira cámara
10/10/13
28/7/12
Budiño e amigos na Praza da Quintana - AS FOTOS
Onte pasamos unha noite máxica con Budiño e @s seus amig@s.
Aqui tedes as fotos da páxina de Facebook de PixelinPhoto
22/7/12
Virginia Gimeno - O arte das fotos de voda
No mundo da foto hai moita xente que te mira con superioridade si és fotógrafo de vodas.
A foto de vodas ten esa fama de ser a merda de traballo, o de sempre, ese curro que vive falto de orixinalidade e frescura.
Eu logo de 6 anos en vodas teño que dicir que esto nin é asi e de que o fose as cousas están a cambiar.
Considero que a foto de voda é un traballo no que se hai que implicar moito mais que noutros traballos. Hai que conseguir tirar de orixinalidade (facer o de sempre, co tempo é facer o teu propio burato na terra), hai que facer que cada voda sexa distinta, sexa propia, improvisar en moitos casos é a base deste arte, pois sempre xorden imprevistos... etc...
Hoxe quérovos presentar unha fotógrafa da que me gustou seu traballo. (con permiso de outros moitos compañeiros que admiro e ben o saben como Adolfo Enríquez, os irmáns Uzal (fílmate), Suso Rivas, Nico Sánchez, Martiño de Lopo, Borja Brun, Vicente Domínguez...) e cos que aprendo día a día.
2/7/12
Derrame Rock 2012 - O video resumen. E algun mais
Igual que o ano pasado fixen un video resumo do festival, este ano fun facendo minivideos que se xuntaron agora nun pequeno resumo musical do que foi o festival. Aqui o tedes por fin.
Tamén podedes ver a continuacion o resto dos videos deste e do ano pasado.
Derrame Rock 2012 - AS FOTOS (e pequena crónica)
PixelinPhoto estivo (esta vez oficialmente) como fotógrafo no Derrame Rock.
Un soño feito ralidade para min que significou o recoñecemento a un traballo desinteresado que fixera o ano pasado cunhas fotos e un video que fixeron chegar á organización que foi a que contou comigo.
Foi un festival cheo de "non parar" musical. Nin de facer fotos. Xogando coa vantaxe de 2 escenarios en paralelo segundo remataba un concerto comezaba outro.
A recua de grandes artistas e de variedades de tódalas cores do rock, punk etc... foi inmensa. Unha lista de grupos e horario moi amplo.
8/6/12
Expo PixelinPhoto Life - Cancelado concerto Sés
O concerto de Sés foi cancelado por problemas de saúde da artista. Dende aqui desexámoslle unha pronta recuperación e que non sexa moita cousa dentro do malo.
De tódolos xeitos a inauguración da expo segue adiante e seguímosvos convidando a vir a disfrutar dun local fermoso cun ambiente moi familiar, a tomarlle unha (ou duas) e a tocar as guitarras que ali están á disposición do público e ainda podemos ter unha inauguración divertida de todo. E por suposto boas fotos. E videoclipses de pixelinphoto.
Asi que non deixedes de vir por ali hoxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)